Descubrindo Viladomar
O Viladomar é un festival de arte urbana que ten lugar cada dous anos durante unha semana do mes de setembro. Deu comezo no 2018 cun proxecto piloto presentado polos artistas locais Novenoel e Lara Torres, e foi impulsado pola Asociación Cultural Ondiñas Mainas.
O festival formano un grupo de persoas novas de Rianxo con experiencia na xestión e creación artística a través da Asociación Cultural Ondiñas Mainas e coa colaboración do Concello de Rianxo, ademais do apoio de diversas entidades privadas, quere poñer o foco na escena mural contemporánea en Galicia.
Un movemento que xa leva máis de 20 anos desenvolvéndose da man de artistas que traballan no espazo público dentro e fóra das nosas fronteiras producindo proxectos, formando a novas promesas e creando obras dunha estética e unha narrativa propias que beben de veces dun imaxinario que nos é común.
Equipo

NoveNoel
Presidente da Asociación

NoveNoel
Presidente da Asociación

NoveNoel
Presidente da Asociación

NoveNoel
Presidente da Asociación

NoveNoel
Presidente da Asociación

NoveNoel
Presidente da Asociación

NoveNoel
Presidente da Asociación

NoveNoel
Presidente da Asociación

NoveNoel
Presidente da Asociación

NoveNoel
Presidente da Asociación

NoveNoel
Presidente da Asociación

NoveNoel
Presidente da Asociación
Poema de Viladomar (1922)
de Manuel Antonio: VILADOMAR
Vila vella do Mar edificada na nosa emoción
Mañáns redondas e limpas
Vento fráxil dos cais
Sol levián do areal ispido
Longa vela da choiva
cun xesto na vila toda
dunha singladura infinda
Boca-rúas da noite
onde busca o Nordeste
outra vela que rifar
Devolven os retraios
a chamada dos derroteiros
A barlovento dos horizontes
acenan os ceos náufragos
Pero nós xa emarcamos nun cantar
e nas pausadas noites brancas
cruzamos un adeus con tódalas estrelas
Nos beizos acobardóusenos
a hora das despedidas
Largou a Ría cotián o seu relanzo
pra enmallar ao serán
o lance sumiso de dornas e gavotas
E tamén un poema
que será o estremadán
O título do festival, Viladomar, é unha referencia directa ao escritor rianxeiro Manuel Antonio. Viladomar é o nome do seu último poemario (1922), e apela a unha vila do seu imaxinario, unha vila mariñeira. Nesta obra de só cinco poemas trata o absoluto do mar, e do tempo. O eu lírico xa non navega, senón que se atopa na vila mariñeira, contempla o mar desde a terra.
E o subtítulo deste festival é “máis alá dos muros”, que deriva do Manifesto “Máis alá!”, autoría de Manuel Antonio e Álvaro do Cebreiro (1922). O seu obxectivo era renovar a literatura da época, que desde o seu punto de vista quedara ancorada no pasado. Tamén pretendía a creación dun novo movemento político, literario e artístico. Trátase de textos de aparencia urxente estruturados a partir dun discurso agresivo, rebelde e rompedor. Así, este subtítulo ven da idea de romper a idea de espacio público diáfano, pois o espacio público é un sitio de encontro tamén, e através do mural danse situacións de que un veciño fala co outro, ou se opina sobre unha cousa. Tamén se apela á reapropiación de espacios en desuso. Trátase de romper eses muros, imaxinarios ou non, e transformar o espazo visual público de Rianxo.
Ata o día de hoxe participaron grandes artistas muralistas tanto a nivel galego como a nivel internacional, entre eles podese destacar, Mondevane, Tweentuizen, NoveNoel,
Lidia Cao, Paola Delfín…
Edicións pasadas

2018

2019

2021

2022

2023

2024

2018

2019

2021

2022

2023

2024

2018

2019

2021

2018

2019

2021