Murais Viladomar

É o solpor ou o mundo a arder?, Maz

É o solpor ou o mundo a arder? O traballo está no medio e non me deixa ver
Crea un escenario na rúa Fachan con forte cromática meteorolóxica. No centro da composición flota unha figura sentada ca atención pegada nese outro lugar ficticio no que nos mergullamos todos os días. Os murais sérvennos como ventá a outras realidades; algúns fannos rememorar algo bo, outros algo malo, outros simplemente nos agradan e outros, obviamente, desagrádannos. Pra gustos, cores. Pero si hai algo xenial ao observar un mural é cando nos invita a reflexionar, algo que o artista logra maxistralmente. Máis alá da súa estética, o mural plantexa cuestións sobre nós mesmos e o mundo que nos rodea. Cada un pode mergullarse e deixarse levar na súa profundidade. O certo é que con esta obra obtemos novas perspectivas, conseguindo romper os muros e motivando a imaxinación.