Murais Viladomar

Serea, David Cuence

Este mural é un canto de gratitud a quen constrúe con paciencia, entrega e dignidade desde o fondo.
Entre os ecos do mar e os murmurios da pedra, David Cuence invoca de novo á Serea, esa forza ancestral que habita a memoria do noso pobo. Unha imaxe que non precisa palabras: fala de loita, de transformación, de beleza valente. De toda esa xente que, coma ela, resiste, cambia, avanza. Na pel dos muros, renace unha vella sabedoría que xa intuía Castelao, e que hoxe se converte en símbolo colectivo, guía e espello. Este mural é un agradecemento. Un canto de gratitud a quen se entrega con paciencia, a quen constrúe coas mans limpas, a quen transforma o mundo desde o fondo. Aínda queda travesía… pero con esta imaxe no peirao, sabemos que non navegamos sós.