2019
A artista fai referencia á diáspora da época, principalmente á das novas xeracións
O seguinte mural deste roteiro, no que nos atopamos foi pintado por Nana. Esta artista, orixinaria de Ordes, crea nos seus murais mundos de fantasía cargados de cor que non deixan indiferente a ninguén. Sempre conta cunha figura femenina como protagonista e cos elementos que a acompañan, en cada ocasión, conta unha historia ou outra dependendo do lugar. Neste caso, para o Centro Cultural da Capela, na parroquia do Araño, colleu como base a figura da tradicional da rianxeira coa patela (bandexa onde tradicionalmente as mulleres transportaban o peixe á cabeza).
Trátase dun homenaxe á figura da “rianxeira”, vinculando no seu relato a temática da emigración que se asocia a esta personaxe dentro das súas múltiples significacións. Así, a artista fai referencia á diáspora da época, principalmente á das novas xeracións, por iso é unha rianxeira moderna, cunha capucha e unha sudadera, e unha mochila ao lombo, xunto coa patela e as sardiñas voando en viaxe con ela.
Esta popular canción foi composta en 1947 na cidade de Bos Aires (Arxentina) por Anxo Romero Loxo: galego nacido en Rianxo, emigrado con 24 anos e cun papel moi activo na comunidade galega da capital arxentina. Contan que nunha reunión no local da Sociedade de Rianxo, Anxo Romero propúxolle preparar unha canción para recibir a Castelao no porto á súa chegada a Bos Aires a Xesús Frieiro Dourado, alcumado Pinciñas, fillo de galegos e con moita capacidade para escribir letras de cancións.
Entón, todos os presentes tiñan claro que esta canción debería referirse a Rianxo, vila natal do ilustre nacionalista. Ademais, a patroa de Rianxo, a virxe de Guadalupe, sería o tema central na letra. Así pois, investigaron nas cantigas populares da zona e estiveron durante semanas compoñendo a canción até que finalmente a interpretaron por primeira vez no recibimento a Castelao no ano 1947, aínda que xa se estreara dous anos antes polo Coro Castelao de Bos Aires. Uniu á emigración con Galiza.
Nana é tamén ilustradora e configura as súas propostas a partir de collage. Parte da práctica do graffiti e dos seus murais destaca moito a mirada das súas personaxes, de gran potencia visual. Ela comenta que nesta escena de “novo muralismo galego” apréciase o uso de colores saturados que contrasta coa paisaxe urbanística de Galicia, de cores grises e blancos.
No traballo de campo realizado para a elaboración deste roteiro, sinalaba que parte da importancia de levar a cabo estas iniciativas e facer do espazo compartido un lugar consciente no que non pasen desapercibidos os detalles do espacio visual, e se desperte unha mirada activa nas persoas que transitan as rúas.