Murais Viladomar

Os Rosales, Julia Gil

Un mural que fala co seu lugar de orixe e marca un punto para a lembranza da memoria que ainda non se esquece
Este mural foi pintado por outra artista local, Julia Gil, e titúlase “Os Rosales”, que é un grupo de folk do lugar, da parroquia de Asados, onde nos atopamos. A artista inspirouse na idea de retratar ó grupo específicamente é quixo facerlle un homenaxe, unido a que en Rianxo hai moita tradición gaiteira en xeral. Ademais como ela é moi fan da música dos 60’, 70’ e 80’ fusionou a famosa imaxe dun disco dos Beatles coa figura dos gaiteiros. Julia Gil interpreta a formación orixinal fundada en 1950 formada por Xosé (gaita) Alfonso Romero (bombo) , Francisco Iglesias (gaita) e Che Novoa (tambor) á que no 62 se incorpora Maruxa. Este foi o primeiro mural de Julia e foi creado con extrema minuciosidade e dedicación, mesturando as cores con moita precisión e adáptandose ao espazo cunha perspectiva moi coidada, dando como resultado un mural que fala co seu lugar de orixe e marca un punto para a lembranza da memoria que ainda non se esquece, porque está pintada. Sobre o grupo de folk, pódese atopar moita información nunha reciente publicación, o libro Os Rosales “ o son da festa” de Fina Fernández.