2018
O Xogo dos Bolos
Este mural foi realizado por Lara Torres, que tamén é unha artista local de gran traxectoria entre a ilustración e o muralismo, que participou na xestación dese proxecto piloto presentado en 2018 xunto con Novenoel. O mural titúlase “O xogo dos bolos”, e o seu nome ven dado polas romerías que se adoitaban facer neste lugar con comida, baile e por suposto o xogo dos bolos celtas.
Este mural foi feito sobre un muro privado, e a artista decidiu estar moi en contacto coa xente da casa por sentir a responsabilidade de mostrar a súa proposta antes e que así os veciños puideran ver o boceto do que finalmente quedaría na parede da túa casa. Ela fixo unha fotomontaxe para ver como quedaría co formato e proporcións do propio muro, no propio entorno. Como fumos comentando, os muros horizontais e longos teñen unha complexidade engadida que moitas veces se soluciona coa combinación de escenas, ou coa progrseión dunha narrativa, por exemplo, e neste caso Lara Torres resolveuno facendo iso, unha narrativa, tomando algúns trazos da lóxica estética do cómic dispoñendo unha combinación de escenas para contar unha historia. Vemos que as imaxes que integran esta liña horizontal están conectadas a propósito, sásense e que invaden un pouco o seguinte fragmento.
A zona na que nos atopamos e a Fincheira, que, como dixemos é un dos núcleos integrantes de Rianxo, que ao primeiro non se xuntaban, pero que agora forman parte da memsa trama urbana. No rueiro, esta dirección figura como Salto da auga, pero todo o mundo o conoce como “O xogo dos bolos”, e antes non había un só cartel que o puxera.
Diante do mural, do outro lado da carretera, hai finca xigante diante, un prado, no que hai un cabalo que que está sempre tendo en conta da herba e da propiedade. Ese cabalo recórdano varias xeracións desde pequenos, i é como o observador de todo o que pasa na zona.
A historia do lugar é o xogo que tiña lugar nesa finca, i era habitual que se fixera romería, festa, e comida, entorno a esta actividade. O xogo dos bolos é o “Xogo dos Bolos Celtas”, que é un xogo que, en menor medida, pero aínda se xoga. Son uns bolos pequenos de madeira que parecen como supositorios xigantes, non teñen a forma do bolo convencional que todos coñecemos. E hai como unha especie de plataforma en costa, tamén de madeira, e unha pelota tamén de madeira. Entón, tírase a pelota a certa distancia e esa pequena rampa fai como de resistencia e tes que tirar os bolos. O xogo tiña lugar nesa finca, i era habitual que se fixera romería, festa, e comida, entorno a esta actividade.
Así, dentro da composición desa narrativa vemos que na primeira escena está o cabalo como observador de todo o que pasa no xogo dos bolos. Na seguinte escena a pelota tira algún bolo, e o bolo sae voando. Ese bolo vaise transformando en figuras masculina e femenina e pasa dunha vestimenta tradicional a unha vestimenta máis actual que se pode ver o día do Feirón Mariñeiro, que é o xoves das Festas de Guadalupe, e trátase dunha vestimenta tradicional galega, cos pendientes característicos do traxe galego, o pano de cadros azul e branco, o home coa camisa branca pero co seu sombreiro de palla, un pouco o que se pedía ese día do Feirón Mariñeiro.
Este día está impulsado pola Comisión de Festas da Guadalupe, e trátase dunha feira ambientada no Rianxo de principios do século XX. Rianxo retrocede un século cada xoves das festas da Guadalupe. A vila engalánase de época, como a vila mariñeira que recordan as avoas e avós, como reflexaban as primeiras fotos tomadas na época. O Feirón Mariñeiro é unha feira de artesanía, con mostra de produtos e oficios que se quere manter sen caer no esquecemento. Hai música, gastronomía, arte. O Feirón é un acontecemento no que toda a veciñanza participa.