Murais Viladomar

O fondo, Novenoel

Trátase dunha obra traída da vivencia personal.
Esta imaxe xurde dun momento no que o artista regresa á vila despois de vivir en Guadalajara, México, e se reatopa cun Rianxo igual pero diferente, e véñenlle moitos recordos que o inspiran, lembranzas vencelladas a volver ao mar, volver a recordar o pasado mariñeiro, aos seus avós que traballaron todos no mar. Trátase entón dunha obra traída da vivencia personal e que o artista ten moi presente, xa que define unha forma de pintar que viña pensando tempo atrás pero que non se materializara ata este momento, incluído viñetas, texto, escenas.

Hai varias escenas, hai un barco, vese o amenecer, hai unha persoa que está facendo pesca de arrastre, como extraendo o fruto, a ameixa, ou algo do mar. E despois hai un barco como varado no fondo, varado e vello, que ten un motor central que empeza a encenderse, e fai un ruido característico, o sonido que a el lle contaban que facían eses barcos antigos, ou eses motores que facían un ruído de po po po po po po moi característico, e que eran os barcos míticos que había antes aquí. O significado do mural pódese ler de moitas maneiras, pero vemos que no texto pon “despois de todo este arrastre, este desastre (como un batiburrillo), vamos a ver que hai no fondo”… e no fondo hai ese “volver a encender un motor antiguo”, esa simboloxía de reatoparse cas súas vivencias do mar e traelas á superficie e ao presente.

Nos textos déixanse entrever referencias das que o artista nutre o seu imaxinario: por exemplo “no mar da noite” é unha frase que ven dun tema de Malandrómeda. Son ecos de outros artistas que influencian a súa obra. Da mesma forma que viamos que o título do festival ven dunha referencia a Manuel Antonio, noutras obras de Novenoel pódnse ver referencias, por exemplo, de poetas como María Lado. O mar en Rianxo é un tema principal. O artista recurre á simboloxía mariñeira e introduce tamén referencia á pesca de arrastre. O arrastre e o cerco son artes que traballan a diferentes profundidades. Mentres que o cerco traballa entre augas e captura especies peláxicas como a sardiña, as artes de arrastre adoitan traballar preto do fondo e capturan especies de fondo como linguado, rapaces, gambas e especies semipeláxicas como peixe e xurelo.

A contorna na que nos atopamos neste punto é o Porto de Rianxo, moi vinculado á temática do mural. Desde o final do espigón portuario hai unha panorámica da fachada marítima de Rianxo e da Serra do Barbanza, así como das diferentes embarcacións que compoñen a flota rianxeira: bateeiros (barcos utilizados no cultivo do mexillón), pequenos barcos do cerco e botes de pesca artesanal e marisqueo, así como un pequeno grupo de barcos e botes tradicionais, entre os que destacan a xeiteira, a lancha de relinga aparellada como balandro.