Murais Viladomar

O chinchorro e a balea, Batalla

Chinchorro, referíndose entón á pesca do calamar
Despois deste paseo polos lugares da parroquia de Rianxo, chegamos a Tanxil, e topámonos cun enclave diferente ao tratarse dunha praia urbana con espazo recreativo, con aparcadorio e unha contorna de natureza. Actualmente temos esta estructura, pero seguramente se nos imos polas capas da historia toparíamos praia, natureza, embarcadoiro, pesca, e vida mariñeira. Aquí topamos o mural dun artista local, Luis Batalla, de nome artístico máis coñecido por Batalla, que participou no ano 2019 no festival. Ademais, este artista forma parte da Asociación cultural Ondiñas Mainas que mencionamos ao comezo do roteiro, polo que se trata de alguén que veu de cerca a orixe e evolución do festival Viladomar. Batalla explorou desde sempre o debuxo e a pintura, e formouse uns anos tamén en Belas Artes. En Rianxo tópanse varias obras súas tanto en espazos interiores cubertos como en espazos exteriores privados. A el sempre lle gustou o gran formato e o trasbase da escala. E esta proposta que reflicte no mural titúlase “O chinchorro e a balea”. Contounos que estivo preguntando na zona de Tanxil por historias locais e contáronlle que antigamente se iba moito ao “chinchorro”, referíndose entón á pesca do calamar, polo que decidiu representar un barco e a vida do mar. O mariñeiro está xogando unha partida de ajedrez co pulpo pero despois ten unha rede que é o “chinchorro”, a rede que se usa para o calamar ahí. Ao investigar máis, topou que “chinchorro” era tamén en sudamérica unha hamaca, e entonces pareceulle curioso iso, pois podía ser a rede, podía ser unha hamaca, entonces escolleu cores máis vivas e incluiu triángulos na composición, un pouco tamén inspirado en Okuda, un artista urbano que é referente para Batalla. E despois temos na banda da dereita a balea, que segundo nos transmitía o artista é a parte máis traballada, e está inspirada nunha historia que pasou en Rianxo, que polo visto alí mismo en Tanxil, fai cen anos ou así, quedou varada unha balea, e polo visto os de Rianxo quixeron cazala con todo tipo de ferramentas, con machadas, a garrotazos, pero non o conseguiron, e despois parece ser que o mar volveuna levar, e chegou a Vilaxoán. Vilaxoán é un lugar preto de Vilagarcía de Arousa, é dicir, kilómetros afastado de Tanxil, pero conectados pola Ría de Arousa. E entonces a balea chegaba a Vilaxoán, pero xa chegaba moi en baixa forma, e alí si que a capturaron e despiezaron. Contaba a historia que a xente de Rianxo tivo que qeudar ca rabia de que fixeran o traballo de fatigar á balea, pero que a presa quedara para a xente de Vilaxoán. A pesca ao chinchorro pertence ás artes de pesca de arrastre similares ao bou de vara, é un tipo de pesca de cerco que utiliza un tipo de rede chamada así. Tamén se chama chinchorro ao bote auxiliar, de remos, para servizo dentro do porto, e hai un dito no refraneiro que di “o chinchorro fai o zorro”; facer o zorro significaría disimular e non esforzarse remando. Temos tamén unha cantiga que nos cadra aquí “teño un amor en Rianxo/ outro en Vilagarcía./ Para ver os meus amores/ teño que cruza-la ría”.