2021
Mestura de varios conceptos que se foron superpoñendo sobre a marcha
Esta proposta pertenece ao artista Sekone, e realizouno na mesma edición que a artistaanterior, no 2021. Titúlase “Festa rachada”, e segundo nos contaba o artista, trátase dunhamestura de varios conceptos que se foron superpoñendo sobre a marcha. El cóntanos quemoitas veces tense clara a proposta da imaxe que se quere pintar, outras non tanto, eoutras veces xurde unha idea cando se ve a parede, o lugar ou se coñece o contexto.
El tiña unha fotografía que a pintara nun cadro pequeno e que sentía que contaba moitascousas dun modo indirecto. Unha fotografía sacada nun festival, ou unha foto nocturnadalgunha festa, ou un momento capturado dunha masa de xente de espaldas, deimprevisto, e quería levar esta imaxe a gran formato. Cando comentou a súa proposta áorganización do festival, en seguida se lle veu unha relación coas festas da Guadalupe,durante as que hai un momento no que moita xente sae con bengalas e o sentimento daimaxe aproximábase moito á situación. Entón, fusionáronse as dúas ideas, e aínda que noné unha fotografía explícita destas festas, a súa ubicación no contexto rianxeiro xa apuntabacara ese significado e moita xente interpretouno asociábao directamente “está pintando asluces da Guadalupe”. E tamén se lle sumaba unha terceira idea: ese anhelo de festas eencontros que se xestou moito durante os anos da pandemia do covid. A xente está decostas, é como un moemento de tensión, de escuridade, e un momento de añoranza do queforan esas “festas rachadas”, esas noites tolas de troula despreocupadas que durante untempo quedaron partidas pola incertidume dunha nova realidade.
Indirectamente está apelando á toda esa veciñanza que levaba tempo botando de menoscantar a Rianxeira o último venres das festas de Guadalupe, e dar fin ao verán coma nunhaespecie de ritual bacano para dar a benvida ao cambio de ciclo. É case unha oda ósespíritos hedonistas. Pero, como o mesmo artista di, mestúranse moitas lecturas, tantascomo luces centelleantes e fogos artificiais.
Sekone é de Vilagarcía, pero reside na Coruña desde hai máis de vinte anos, i é xa unreferente na pintura de rúa. As súas orixes veñen do debuxo e a pintura, pero sobre todo dograffiti, coma moitos expoñentes do panorama do muralismo. Ten unha longa experienciaprofesional en áreas como o deseño gráfico e textil, a ilustración e, por suposto, a pintura mural. A súa meticulosidade técnica e a exploración de medios pictóricos fai das súas obrasunha verdadeira viaxe cargada de riqueza gráfica e referencias melómanas que deixa eseposo nostálxico e inspirador tan característico da súa forma vital e do seu proceso creativo.
O último día das Festas de Guadalupe de Rianxo, xúntanse miles de persoas na PrazaCastelao para cantar ó unísono a Rianxeira á luz de milleiros de bengalas, ás dúas damadrugada, e a verbena alóngase ata ben entrado o día.