2019
Espacio no que antes se xogaba, ese espacio de xogos
Este mural foi realizado no 2019 polo colectivo Mutante Creativo, tándem formado por Sokram (Marcos) e Mou. Eles comezaron a súa vinculación da arte nas rúas a través da música, a través do hip hop, e vinculáronse ao graffiti pola parte estética deste estilo. Como continuación estudaron deseño gráfico e hoxe en día fan incursión no mundo do muralismo en dúas vertentes que se complementan: a nivel de programación e xestión cultural organizando o Desordes Creativas (Ordes), o Rexenera Fest (Carballo), Cromático Mural Fest (Cambre) e Compostela Contemporánea (Santiago de Compostela); e a nivel artístico con propostas murais propias.
Nas súas composicións xogan con fondos vibrantes de cor e grandes contrastes. Adoitan elexir unha paleta de cor específica e que predomina en cada traballo dando así un efecto de unidade ao conxunto. Propúxoselles o muro das escaleiras do Pavillón Municipal, e cando comezaron a investigar sobre o espazo toparon que antigamente, nos anos 80’ era un campo onde iban xogar os nenos e onde se xuntaban polas tardes. E explorando ese contexto, os artistas colleron a imaxe de que aquelo era un espazo de encontro e de xogo porque lles encantou esa referencia. Así, configuraron a imaxe de dous nenos agochados xogando nun charco, sendo o charco un universo, e xogando con esa idea do universo que se creaban entre eles ao xogar. Sería unha especie de microuniverso que crean os nenos, o seu propio micromundo, as fantasías e a capacidade que ten a cativada para inventarse e crear ese microcosmos personal. Por iso tamén aparecen unhas canicas que fan coma se foran planetas, como se fora todo un universo.
Cando aos artistas se lles asigna unha parede concreta, a súa idea e formato para levalo a cabo precisa adaptarse ás proporcións e á configuración da parede. Se por exemplo nunha fachada existen ventanas, a proposta incluirá as ventanas coma un elemento que ter en conta. Ou se se trata dunha medianera vertical, a composición será alargada. Ou, coma neste caso, se se trata dun muro horizontal, a disposición préstase para compoñer unha narrativa visual, e é un recurso que adoita empregarse moito. Cando isto sucede, pártese dunha lectura narrativa de esquerda a dereita, entón comézase nesa primeira imaxe da parte esquerda que son as canicas nunha nebulosa, pois está a imaxe dos nenos (que fixo Mou), xogando nese charco do universo. E pasa á parte da dereita que é a figura dun chaval máis adulto, un adolescente correndo, e que se vai desfacendo en anacos.
Titulouse “Espazo-tempo”, querendo referirse a ese espacio no que antes se xogaba, ese espacio de xogos, e á transformación dese espacio-tempo que vai mutando e se vai deixando polo camiño. Por iso esa figura vaise descompoñendo en sí mesma e fai referencia aos cambios persoais que se van adquirindo co paso do tempo, da vida e o que supón facerse adulto co paso na nenez á fase adulta.
Rianxo ten xogos tradicionais coma o aro, os birlos, os bolos, a chave, a peonza, a rá, o trompo, os zancos, e estanse voltando a recuperar. Pero as canicas son un xogo universal, polo que todos os nenos foron pasando, sobre todo os da época dese campo de xogo que queda na memoria urba.