Murais Viladomar

Corvo Mariño, Alegría del prado

Que historia continúa máis aló do mural? Que novos portos nos agardan?
Unha nena a lomos dun gran corvo mariño surca os mares da ría de Arousa nun mural cheo de maxia e simbolismo. Así é como Alegria del Prado trae ao festival o seu inconfundible universo onírico, onde os cormoráns son guías, faros vivos liderados polas novas xeracións. No seu voo, as xoubas danlles a benvida, creando unha atmosfera lixeira que envolve toda a peza nun tránsito espiral, coidado ata o máis mínimo detalle. Se te achegas, descubrirás plantas autóctonas recollidas no camiño, pequenos símbolos de esperanza e boa fortuna agochados entre as pinceladas. Cada detalle convida a deixar voar a imaxinación: Que historia continúa máis aló do mural? Que novos portos nos agardan?