2021
Trátase dunha imaxe que fala da tradición e do ritual do San Xoán
A artista parte dunha escena oscura, nocturna, onde vemos a unha especie de meiga ou feiticeira ou unha muller que está a preparar o caldeiro coas herbas. Ela explica que a súa inspiración veu directamente da tradición galega de remollar as herbas pola noite para lavar a cara ao día seguinte aproveitando todos os poderes e as propiedades das plantas. A esta artista sempre lle pareceu unha tradición moi bonita e di que sempre a intenta practicar, indo a recoller ela mesma as plantas e deixándoas a remollo esa noite.
Aquí atopámonos na Rúa Arcos Moldes. As persoas maiores recordan como esa rúa noutro tempo era unha corredoira cuberta de loureiros. Hoxe case só quedan os que están xusto enfrente deste mural que invoca ó tempo novo, desde unha quietude que invita a pararse e observar debaixo da calma das estrelas o que nos teñen que dicir esas formas vexetais que mistura a súa protagonista meiga. Vese que ademais, esta rúa antigamente era un camiño cara as fontes, unha ou varias fontes nas que a xente se acercaba a buscar a auga, entre outras cousas, a noite de San Xoán, para realizar este ritual. E seguramente nos bordes dos camiños nacían varias ou todas estas herbas que son facilmente atopables nos valados e nos camiños galegos, por ser herbas moi facilmente recoñecibles. Para ela, o importante da proposta era representar a escena dunha maneira simbólica e sen entrar moito en detalle, intentando simplificar as formas para que o importante fora destacar as herbas nunha noite, por iso as herbas teñen cores moi brillantes e resaltan no escuro da escena.
Existe preto, un pouco máis arriba, un conxunto de fonte e lavadoiro situados sobre a estrada principal do lugar Rianxiño, nun lateral da finca do Pazo de Rianxiño. Trátase dunha fonte de dous canos acaroada ao muro, con corpo central de cantaría dividido por tres semipilastras e cornixa superior moldurada. Ten unha pía rectangular delimitada por dúas lousas de granito. O lavadoiro é exento de planta rectangular formado por grandes pezas de granito con lousa inclinada perimetral. A canle é de granito que parte do interior da finca do pazo, acaroada a un lateral da fonte (+ info obaixoulla.gal). Rianxo ten moitas fontes, e actualmente conserva dous lavadoiros aquí na vila: este do que falamos, en Rianxiño, preto do Pazo e do IES Félix Muriel, e o da Fincheira, preto da Igrexa de Santa Comba de Rianxo.
A celebración do San Xoán faise en todo o Barbanza, ou digamos que en toda Galiza, pero é a festa específica dun dos lugares de Rianxo: no mes de xuño na parroquia do Araño, no lugar da Ermida. Algunhas das herbas que se recollen son: roseira, fento, fiuncho, herba luisa, herba de San Xoán, malva, xesta, alecrín, sabugueiro. E quen era Arcos Moldes? A personaxe que lle da nome á rúa actualmente e un dos perfís intelectuais do Rianxo de primeiros do século pasado, no tempo de Castelao. Como xornalista republicano, era director do semanario “El Barbero municipal” (1910) no que Castelao asinou as súas primeiras caricaturas e textos, i era axitador cultural e impulsor da educación na vila. Desde a primavera do 2023, edítase un guiño a aquela publicación: “O novo Barbeiro”, unha publicación mensual que vai a dar a coñecer todos os actos culturais, 7 festivos e de interese xeral que teñan lugar en tódalas parroquias do Concello de Rianxo. É iniciativa da Asoc. Ondiñas Mainas.
E quen era Arcos Moldes? A personaxe que lle da nome á rúa actualmente e un dos perfís intelectuais do Rianxo de primeiros do século pasado, no tempo de Castelao. Como xornalista republicano, era director do semanario “El Barbero municipal” (1910) no que Castelao asinou as súas primeiras caricaturas e textos, i era axitador cultural e impulsor da educación na vila. Desde a primavera do 2023, edítase un guiño a aquela publicación: “O novo Barbeiro”, unha publicación mensual que vai a dar a coñecer todos os actos culturais, 7 festivos e de interese xeral que teñan lugar en tódalas parroquias do Concello de Rianxo. É iniciativa da Asoc. Ondiñas Mainas.
A nivel estructural, vemos que se trata dunha medianera con moita visibilidade nunha das entradas á vila de Rianxo, deixando a contorna urbana á esquerda e a paisaxe natural á dereita. Trátase dunha parede en formato vertical, o que facilita os encaixes de personaxes protagonistas, a diferencia dos formatos horizontais, que viamos antes, que propician unha liña máis narrativa. Iria Fafián contábanos que durante os días que estivo a pintar, disfrutou de historias mariñeiras que algunhas veciñas lle contaban polas ventanas, e que tamén lle ofrecían outros contos e comida, bebida. Ao longo dos sete días que dura a intervención mural, estase a producir unha convivencia cercana coa veciñanza, especialmente cando se trata de muros privados, que pertencen á comunidade do edificio ou a unha familia.