2024
A obra nace como unha homenaxe a ela e ao mar
O traballo de Twee Muizen lévaos por moitos lugares, pero sempre que regresan a Galiza senten o agarimo da terra. Esta obra naceu como unha homenaxe a ela e ao mar. Aínda que a imaxe ten un fondo máis íntimo e persoal, buscan transmitir a mestura das persoas coa natureza, así como a importancia de coidala.
Cun escenario como a Ría de Arousa, resulta inevitable representar algo vencellado a ela. Neste caso, ao situarse na Praia de Tanxil, a inspiración xorde de maneira natural. Proxectaron unha escena veraniega, enmarcada pola vexetación e unha pequena barca, onde unha rapaza pensativa olla cara ao horizonte. Quere deixarse levar. Quere voar. E invítannos a voar con ela.