Santiago de Compostela, 1983. Licenciada en Economía en Compostela e en Antropoloxía Social en Granada. Nesta cidade no 2008 cursa o Ciclo Superior de Ilustración e con esa decisión comeza o camiño que agora continúa na pintura.
Compaxina outros traballos co de ilustradora, ata que no 2013 crea (xunto a Raquel Doallo e Miguel Peralta) a cooperativa Cestola s. coop. galega, onde segue a traballar.
En Cestola adícanse á pintura, á ilustración e o muralismo. Realizan serigrafías sobre téxtil e papel, cadros, encargos de ilustración (carteis, libros/contos…) e murais.
Os murais son a día de hoxe a súa principal actividade, Xoana Almar e Miguel Peralta pintan de maneira individual e en conxunto. Traballan para festivais, Administracións Públicas, empresas, asociacións e particulares. A maioría deles son realizados en cidades, vilas e aldea galegas, pero tamén en Madrid, Valencia, Extremadura, Aragón, Asturias, Andalucía, Navarra e Euskadi, e en países como Portugal, Alemaña e Francia (Marsella, Rennes e París).
A día de hoxe contan con máis de cen murais realizados coa cooperativa Cestola.
“Somos conscientes que realizar murais no espazo público supón unha responsabilidade e unha implicación coa contorna. Un mural implica unhas limitacións que condicionan á obra: Non é o mesmo traballar nunha gran cidade, unha vila ou unha aldea, o tipo de formato que teña o muro, o barrio, a contorna, as cores que o rodean, o edificio (se é un colexio, unha casa particular…), a historia da zona… O espazo transforma á obra, e á súa vez a obra transforma ese espazo. Unha simbiose, unha escoita mutua e un coidado para comunicar e non crear máis ruído”

Outras obras
Datos de interese da artista