O seu universo creativo bebe a partes iguais da nostalxia, do absurdo, da vida cotiá e da súa propia intimidade, construíndo obras cunha forte carga gráfica e con referencias melómanas que deixan un poso tan inspirador como característico.
Ten participado en numerosos proxectos de arte urbana como o festival MUAU (A Coruña), MulaCity (Madrid), DesOrdes Creativas (Ordes) ou o Rexenera Fest (Carballo), e foi artista residente no Museo de Arte Contemporánea da Fundación Gas Natural Fenosa en 2017. No ámbito expositivo, presentou obra en colectivas como Mar de Mares (A Coruña), HOME (Miami) ou Creença (Cal Rosal), e tamén en individuais como El mayordomo está de vacaciones (The Room, A Coruña), Ni sí ni no, ni blanco ni negro (Sala Salvador de Madariaga, A Coruña) ou ¿Qué está pasando? (Galería Monty4, A Coruña).
O mural “Festa rachada”, realizado polo artista Sekone en 2021 no festival Viladomar, xorde dunha mestura de ideas que se foron superpoñendo durante o proceso creativo. Parte dunha fotografía tomada nun festival, cunha masa de xente de espaldas, que o artista trasladou a gran formato. A obra conecta coas festas da Guadalupe en Rianxo, especialmente co momento no que a veciñanza sae coa luz das bengalas, simbolizando tamén o anhelo de encontros e festas tras a pandemia.
Sekone, natural de Vilagarcía e residente na Coruña, é un referente do muralismo galego, cunha traxectoria na pintura, graffiti, deseño gráfico e ilustración. A súa obra destaca pola riqueza gráfica e referencias culturais, transmitindo un aire nostálxico e inspirador.
A festa das Guadalupe é un evento importante en Rianxo onde miles de persoas cantan a “Rianxeira” xuntas, iluminadas por milleiros de bengalas, un ritual que simboliza o fin do verán.
Datos de interese da artista