Artistas Viladomar

Pelucas Pilas Bubbles, Escultor e instalación

Perrucas Pilas Bubbles naceu en Vigo (1980), Galicia.

En 2005, estudou Belas Artes na Universidade de Pontevedra onde se especializou en escultura e instalación. É un artista que ha internacionalizado o seu imaxinario persoal a través dos seus diversos traballos de arte urbana, instalacións, cerámica e pintura. Recoñecido no mundo da arte urbano desde os 2000, apropiouse da cor e a sátira para encher cos seus murais varias cidades de Europa e América como Madrid, Hamburgo, Berlín, CDMX ou Roma, entre moitas outras.

Nos últimos anos, acabou transladando o seu imaxinario á produción cerámica, colaborando e investigando en procesos de cerámicos con Emilia Guimeráns. O seu estilo inconfundible, cheo dun gran manexo pictórico, crea un imaxinario onde o mundo se deconstruye colorido nun mar de pulsacións a base de distintos personaxes ou obxectos caracterizados co seu sentido de humor sarcástico e absurdo.

Nas súas paisaxes multidimensionales, personaxes e obxectos psicotrópicos deixan entrever todas as neuroses do ser humano. Nas súas obras fauvistas, vemos mundos construídos en estadas de dobres sentidos, ready-mades e abstraccións de cor pop onde o humor negro atópanos connosco mesmos. Tal como os Hopi predixeron, a sociedade está dominada polos obxectos, onde a cor e a sobre-produción maquilla a catábasis: é a decadencia do mundo e a súa espiritualidade.

Durante a súa traxectoria urbana, Perrucas foi partícipe de importantes festivais de arte urbana como Metropolink Festival, Heildelberg (2019), Holistika, Mural Walk, Tulum (2017), Seawalls, Isla Mujeres (2015), Milestone Project, Xirona (2016), Walk and Talk, Illas Azores (2013), entre outros.

Paralelamente, expuxo en museos como o MARCO de Vigo, MAVA (Museo de Vidro de Alcorcón) CEART, GAIAS, no KICB. Korean Ceramic Bienale ou en galerías como Javier López (Madrid), Poulsen Gallery (Copenhague), Subaquática (Madrid), Maia Contemporary Gallery (CDMX), Galeria Slika de Lyon, … entre outras.
Outras obras

Datos de interese da artista

Exposicións

2024 – Feria internacional de arte Estampa. Stand Fousion Gallery. Madrid.

2024 – HotPot. Estofado. Fousion Gallery. Barcelona.

2024 – Los Raros, Las Raras. Collage contemporáneo. SME de la pasión de Valladolid. Spain.

2023 – Baja California SURrealismo. ABC art baja. Seminario 12. Ciudad de México

2023 – Ilusiones Tangibles. Con Manuel Lozano. Foro 4. León Guanajuato. México.

2021 – Carterpiller Show. Slika Galerie. Lyon, Francia.

2021 – Pensar coas mans. GAIAS. Cidade da cultura. Santiago de Compostela. Spain.

2020 – DontGiveAdamns. Marian Cramer Projects. Amsterdam.

2019 – La ciudad como escenario. C.E.A.R.T Fuenlabrada. Spain.

2019 – 101 Artist. ADDA Gallery. Paris.

2019 – “Pensar coas Mans”. Gaias. Santiago de Compostela.

2019 – Artist Selecction Online. KICB. Korean Ceramic Bienale. Corea.

2018 – Blue Dreams. Art urbain conteporain. H.ARTalifestyle. Paris.

2018 – Deliciosa Monstera. Maia Gallery. Ciudad de Mexico.
Mural

2023 – Mural for Proyecto Marea and art Baja. California Sur. México.

2021 – Mural for Mostart Street Art.

2020 – Mural paint at Bolet building. Andorra.

2019 – Wall for Muros Tabacalera. Madrid.

2018 – Mural. La Rueda, Puebla, México.

Editoriais

Interview for TERRART magazine. Spain, 2021. The world atlas of street art and grafitti. Libro de Rafael Schacter. Realización del fanzine “Solo troles”. tirada de 150 ejemplares. Colaboración fanzine “Rizar el rizoma”, “Devino tesoro”, Tronquis aparición en publicación inglesa “Street Logos” de Tristan Manco. Editorial Thames and Hudson. Colaboración revista “Fried Green Tomatoes”