Artistas Viladomar

Mon Devane, artista urbano

Mon Devane é un artista urbano español coñecido polo seu dominio do fotorrealismo en murais de gran formato. O seu estilo caracterízase polo uso dunha paleta monocromática, cun distintivo toque de turquesa que achega profundidade e personalidade ás súas obras. A cor que caracteriza a súa obra xoga na ambigüidade, entre o verde e o azul, e isto representa para el esa mestura das cores do seu fogar, o azul do océano Atlántico e o verde dos campos e bosques galegos.

Orixinario de Galicia, Mon Devane comezou a súa traxectoria no mundo do grafiti, evolucionando cos anos cara a un enfoque máis detallado e realista. A súa arte plasma rostros cheos de carácter, capturando a esencia das persoas a través da súa meticuloso traballo con luces e sombras. Aínda que ten distintas liñas de traballo, a Mon gústalle representar a cultura e idiosincrasia da zona na que intervén, a través de rostros ou accións.

Ao longo da súa carreira, levou a súa arte a diferentes cidades, participando en festivais internacionais e colaborando con marcas e entidades culturais. Podemos visitar murais de Mon en México, Arabia Saudi, Xamaica, Uruguai, Bolivia e por suposto en distintos países de Europa.

Ademais dos seus murais, desenvolve obra en lenzo, consolidando a súa presenza tanto no espazo público como no mercado da arte contemporáneo. Este pasado 2024, puido ver a luz a súa primeira exposición en solitario, Pulpezas, no Centro Cultura Marcos Valcárcel en Ourense, na que Mon Devane fai unha oda á figura do polbo, pero tamén da cerámica, intervida con tags, facendo unha chiscadela á súa orixe graffitero.

Cunha estética inconfundible e un enfoque que combina técnica e sentimento, Mon Devane segue deixando pegada na escena da arte urbano, converténdose nunha referencia do muralismo realista.
El Nuevo Poseidón
Unha das reinterpretacións de deidades grecorromanas
Outras obras

Datos de interese da artista