Esta vai ser a primeira vez que leve a súa obra a unha parede en exterior.
https://luagandara.com/
Na fachada da antiga escola unitaria do C.R.A. de O Pazo, Lúa leva por primeira vez ao formato mural unha linguaxe artística que foi construíndo e madurando ao longo dos anos. A súa obra, vinculada á abstracción e ao xogo coa cor e as formas, chega a Viladomar cunha naturalidade que fai que pareza formar parte da paisaxe desde sempre.
Durante a súa estadía na Vila do Mar, a artista observou o entorno, escoitou historias e deixou que o lugar dialogase co proceso creativo. Desa relación xorden referencias ao castelo co que comparte nome, á fauna e á vexetación da contorna, así como a elementos imaxinados que conviven libremente na composición.
Animada por Xoana Almar, Lúa achégase ó espazo público como unha oportunidade para compartir o proceso coa veciñanza, abrindo a obra ás conversas, ás interpretacións e ás distintas miradas de quen pasaba por diante.
O resultado é unha intervención aberta e evocadora, un xogo de formas e cores que convida a mirar con calma e a descubrir novas lecturas en cada observación, porque, como comentou unha veciña durante o proceso: “cada un ve o que quere ver; isto é un xogo”.
Datos de interese da artista
2024 Bichos haciendo fotos. Espacio Peculiar, Oleiros.
2024 Cuesta abajo. Mambo Gallery, Pontevedra.
2023 Repolo Random. Espazo Vaina, Betanzos.
2022 A porta aberta. Torrres Hejduk. Ciudad de la Cultura, Galicia
2021 El perreo de las formas. Galería Zona Incontrolable, Madrid.
2021 Festa no xardín con caracois. Galería Metro, Compostela.
2019 Atragantarse coas uvas. Taller de Marcos, Compostela.
2017 Pintar por fóra. Centro Torrente Ballester, Ferrol.
2006 Plástico Estático. Área Panorámica, Tui.
2023 Finalista III Edición del Premio de Arte A&G. Madrid.
2023 PremioFinalista Alumni Uvigo 2023. Humanidades.
2023 Premio Adquisición Fundación Admiranda en JustMad.
2021 Premio IX Concurso de Intervenciones Artísticas en las Torres Hejduk de la Ciudad de la Cultura de Galicia.
2021 Premio Xurado Novo sección “Contemporánea”. INTERSECCIÓN Contemporary Audiovisual Art Festival.
2021 Seleccionada XIII Bienal de Pintura Eixo Atlántico.
2019 Seleccionada. XII Bienal de Pintura Eixo Atlántico.
2018 Seleccionada. 15ª mostra MAC, Fundación Naturgy.
2017 Seleccionada. VIII Premio para Novos Artistas Auditorio de Galicia.
2016 Seleccionada. Prémio Artistas do Alto Minho e Galiza 2016. Fundaçao Bienal de Cerveira, Portugal.
2024 Qué pode facer unha artista na escola? Conferencia. Facultade de Ciencias da Educación e do deporte, Pontevedra.
2023 Reunión de cans no parque. Taller. Facultad de Bellas Artes, Pontevedra.
2023 Paisaje Imaginario. Taller. Escuela de Arte Eco, Santiago de Compostela.
2023 Co-comisariado “Paisaxe_0”. Galería Metro, Santiago de Compostela.
2022 Pintura Contemporánea. Taller. Museo de Pontevedra.