Artistas Viladomar

Lidia Cao, ilustradora

LIDIA.CAO, 1997 Ordes

A escena do muralismo e do arte público galego está viva e en crecemento con artistas profesionalizadas que cada vez contan con máis recoñecemento, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Un claro exemplo disto é LIDIA CAO.

A súa afección polo debuxo espertou nela dende moi nova o que a levou a estudar Ilustración na EASD Pablo Picasso, mais o seu desenrolo artístico foi maioritariamente autodidacta. Esta ilustradora de traxectoria meteórica leva dende 2016 na liña muralista e súa obra mural que está repartida por media Europa, posúe un estilo sintético cargado de contido emocional e con inspiración na figura humana, especialmente na muller, aínda que tamén desfruta debuxando temas da natureza.
Outras obras

Datos de interese da artista