Artistas Viladomar

Iria Fafián, Ilustradora

É unha prolífica artista. Ela pintaba nas rúas, sen ningunha intención máis que pasalo ben cos amigos os fines de semana, e pouco a pouco foron aparecendo proxectos máis ambiciosos. Agora mesmo traballa como ilustradora de proxectos editoriais, e por outro lado ten unha produción propia artística de obras máis expositivas e proxectos persoais, como son unhas caixas de luz
con escenografías que realiza para diferentes proxectos expositivos. Algo característico dos seus murais é a representación dunha natureza exuberante, cun toque máxico ou fantástico, que non esté representado dunha forma realista senón que esté idealizada e magnificada. Segundo Iria, é a súa forma de transmitir o importante que é para ela mesma e para a nosa especie de seres humanos, a relación coa natureza, o fráxil que é a nosa relación con ela, como é fácil que se perda ou que nos distanciemos dun coñecemento da natureza ou dunha forma de pertenencia a ela.
Conxuro
Trátase dunha imaxe que fala da tradición e do ritual do San Xoán.
A artista parte dunha escena oscura, nocturna, onde vemos a unha especie de meiga ou feiticeira ou unha muller que está a preparar o caldeiro coas herbas. Ela explica que a súa inspiración veu directamente da tradición galega de remollar as herbas pola noite para lavar a cara ao día seguinte aproveitando todos os poderes e as propiedades das plantas. A esta artista sempre lle pareceu unha tradición moi bonita e di que sempre a intenta practicar, indo a recoller ela mesma as plantas e deixándoas a remollo esa noite. Aquí atopámonos na Rúa Arcos Moldes. As persoas maiores recordan como esa rúa noutro tempo era unha corredoira cuberta de loureiros. Hoxe case só quedan os que están xusto enfrente deste mural que invoca ó tempo novo, desde unha quietude que invita a pararse e observar debaixo da calma das estrelas o que nos teñen que dicir esas formas vexetais que mistura a súa protagonista meiga. Vese que ademais, esta rúa antigamente era un camiño cara as fontes, unha ou varias fontes nas que a xente se acercaba a buscar a auga, entre outras cousas, a noite de San Xoán, para realizar este ritual. E seguramente nos bordes dos camiños nacían varias ou todas estas herbas que son facilmente atopables nos valados e nos camiños galegos, por ser herbas moi facilmente recoñecibles. Para ela, o importante da proposta era representar a escena dunha maneira simbólica e sen entrar moito en detalle, intentando simplificar as formas para que o importante fora destacar as herbas nunha noite, por iso as herbas teñen cores moi brillantes e resaltan no escuro da escena. Existe preto, un pouco máis arriba, un conxunto de fonte e lavadoiro situados sobre a estrada principal do lugar Rianxiño, nun lateral da finca do Pazo de Rianxiño. Trátase dunha fonte de dous canos acaroada ao muro, con corpo central de cantaría dividido por tres semipilastras e cornixa superior moldurada. Ten unha pía rectangular delimitada por dúas lousas de granito. O lavadoiro é exento de planta rectangular formado por grandes pezas de granito con lousa inclinada perimetral. A canle é de granito que parte do interior da finca do pazo, acaroada a un lateral da fonte (+ info obaixoulla.gal). Rianxo ten moitas fontes, e actualmente conserva dous lavadoiros aquí na vila: este do que falamos, en Rianxiño, preto do Pazo e do IES Félix Muriel, e o da Fincheira, preto da Igrexa de Santa Comba de Rianxo. A celebración do San Xoán faise en todo o Barbanza, ou digamos que en toda Galiza, pero é a festa específica dun dos lugares de Rianxo: no mes de xuño na parroquia do Araño, no lugar da Ermida. Algunhas das herbas que se recollen son: roseira, fento, fiuncho, herba luisa, herba de San Xoán, malva, xesta, alecrín, sabugueiro. E quen era Arcos Moldes? A personaxe que lle da nome á rúa actualmente e un dos perfís intelectuais do Rianxo de primeiros do século pasado, no tempo de Castelao. Como xornalista republicano, era director do semanario “El Barbero municipal” (1910) no que Castelao asinou as súas primeiras caricaturas e textos, i era axitador cultural e impulsor da educación na vila. Desde a primavera do 2023, edítase un guiño a aquela publicación: “O novo Barbeiro”, unha publicación mensual que vai a dar a coñecer todos os actos culturais, festivos e de interese xeral que teñan lugar en tódalas parroquias do Concello de Rianxo. É iniciativa da Asoc. Ondiñas Mainas. A nivel estructural, vemos que se trata dunha medianera con moita visibilidade nunha das entradas á vila de Rianxo, deixando a contorna urbana á esquerda e a paisaxe natural á dereita. Trátase dunha parede en formato vertical, o que facilita os encaixes de personaxes protagonistas, a diferencia dos formatos horizontais, que viamos antes, que propician unha liña máis narrativa. Iria Fafián contábanos que durante os días que estivo a pintar, disfrutou de historias mariñeiras que algunhas veciñas lle contaban polas ventanas, e que tamén lle ofrecían outros contos e comida, bebida. Ao longo dos sete días que dura a intervención mural, estase a producir unha convivencia cercana coa veciñanza, especialmente cando se trata de muros privados, que pertencen á comunidade do edificio ou a unha familia.
Outras obras
Datos de interese da artista
Exposicións

1984, unha xenealoxía feminista da arte urbana en Galicia
Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)

ILUSTRAD/AS Instituto Cervantes Nueva York

Paisajes Interiores Kiosko Alfonso (A Coruña)

Camiños Incertos Fundación PG Camilo José Cela (Padrón, Galicia)

Irusu Ville Museo Etnolóxico de Rivadabia (Ourense)

Irusu Ville Culturgal (Palacio de Culura Pontevedra)

Irusu Ville Fundación Luis Seoane (A Coruña)

MiiC (Muestra internacional de ilustración Contemporánea)

Fundación Abanca Santiago de Compostela

Ilustrísima Museo ABC de Madrid

Komorebi Librería Panta Rhei (Madrid)

IlustraTour Matadero de Madrid
MuralISTMO Fest
A Coruña 2023 Centro penitenciario
Teixeiro 2023 Centro penitenciario
A Lama 2021 Proyecto TRAZA
(Guadalajara, Jalisco, México 2019) StreetArtMagnac
(Francia, 2018) Jardin de l’impass juif Saint-Ouen
(París, Francia, 2017) Vigo Cidade de cor
(Vigo, Galicia, 2017) Cromático Mural Fest 2017
(Cambre, Galicia) Rexenera Fest 2016
(Carballo, Galicia) DesOrdes Creativas 2014
(Ordes, Galicia)
EditoriaisAnaya Editorial Santillana O que leo Galaxia Editorial Edicións Xerais Aira Editorial Fondo Xacobeo 2021 (Xunta de Galicia) Colegio de periodistas A Coruña Museo ABC de Madrid O Salto Galiza Revista A Naval Walrus Books