Chegar onde quer, Lidia Cao
Lidia Cao déixanos unha peza que conmove en silencio, unha fiestra aberta á emoción e á natureza que nos habita. Un mural que nos fala do paso do tempo, da liberdade sen rumbo, da beleza que cae, flúe e se transforma: “Unha folla de carballo sacudida polo vento que baixa do Castro Barbudo, sen rumbo a ningures, sen patrón, pero que chega onde quere.”