A Rianxeira do sol nacente, Tucho Abalo

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:7 de julio de 2025
  • Categoría de la entrada:

Neste caso falamos dunha escultura, non de unha pintura mural, i é que dentro da arte urbana e da arte pública existen todo tipo de técnicas e formatos tanto a nivel de tratamento de imaxe como de intervención espacial. Aquí temos unha escultura de bulto redondo, o que significa que é un volume único e que está rodeado de espacio arredor.

Continuar leyendoA Rianxeira do sol nacente, Tucho Abalo

Festas da Guadalupe, Sekone

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:7 de julio de 2025
  • Categoría de la entrada:

Esta proposta pertenece ao artista Sekone, e realizouno na mesma edición que a artistaanterior, no 2021. Titúlase “Festa rachada”, e segundo nos contaba o artista, trátase dunhamestura de varios conceptos que se foron superpoñendo sobre a marcha. El cóntanos quemoitas veces tense clara a proposta da imaxe que se quere pintar, outras non tanto, eoutras veces xurde unha idea cando se ve a parede, o lugar ou se coñece o contexto.

Continuar leyendoFestas da Guadalupe, Sekone

Os Rosales, Julia Gil

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:1 de julio de 2025
  • Categoría de la entrada:

Este mural foi pintado por outra artista local, Julia Gil, e titúlase “Os Rosales”, que é un grupo de folk do lugar, da parroquia de Asados, onde nos atopamos. A artista inspirouse na idea de retratar ó grupo específicamente é quixo facerlle un homenaxe, unido a que en Rianxo hai moita tradición gaiteira en xeral. Ademais como ela é moi fan da música dos 60’, 70’ e 80’ fusionou a famosa imaxe dun disco dos Beatles coa figura dos gaiteiros.

Continuar leyendoOs Rosales, Julia Gil

Conxuro, Iria Fafián

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:1 de julio de 2025
  • Categoría de la entrada:

A artista parte dunha escena oscura, nocturna, onde vemos a unha especie de meiga ou feiticeira ou unha muller que está a preparar o caldeiro coas herbas. Ela explica que a súa inspiración veu directamente da tradición galega de remollar as herbas pola noite para lavar a cara ao día seguinte aproveitando todos os poderes e as propiedades das plantas. A esta artista sempre lle pareceu unha tradición moi bonita e di que sempre a intenta practicar, indo a recoller ela mesma as plantas e deixándoas a remollo esa noite.

Continuar leyendoConxuro, Iria Fafián