Maz
Maz é un artista con formación en Belas Artes que actualmente reside en Sober. Mantense baixo anonimato por combinar a práctica alegal e a realización de pezas con permiso, así que é moi pouco o que sabemos del. Podemos “rastrexar” os seus movementos pola localización das súas obras, numerosas en Galicia, en cidades como Vigo e Santiago, en pequenas localidades ou no medio do monte. Pero tamén pintou en grandes cidades como Madrid, Atenas ou Marrakech. A súa linguaxe visual é moi amplo: personaxes e paisaxes fantásticos que conforman un imaxinario persoal, composicións en viñetas marcadas polo mundo do cómic,