Lidia Cao

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:1 de julio de 2025
  • Categoría de la entrada:

A escena do muralismo e do arte público galego está viva e en crecemento con artistas profesionalizadas que cada vez contan con máis recoñecemento, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Un claro exemplo disto é LIDIA CAO. A súa afección polo debuxo espertou nela dende moi nova o que a levou a estudar Ilustración na EASD Pablo Picasso, mais o seu desenrolo artístico foi maioritariamente autodidacta. Esta ilustradora de traxectoria meteórica leva dende 2016 na liña muralista e súa obra mural que está repartida por media Europa, posúe un estilo sintético cargado de contido emocional e con inspiración na figura humana, especialmente na muller, aínda que tamén desfruta debuxando temas da natureza.

Continuar leyendoLidia Cao

David Cuence

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:1 de julio de 2025
  • Categoría de la entrada:

Dende 2012 está en activo como acuarelista, ilustrador e deseñador gráfico e xa ten participado nalgúns murais tanto en Galicia coma no extranxeiro. Nado en Rois pero afincado hai anos en Rianxo, as súas pinturas mesturan os temas mariños e terrestres con reivindicación social e unha tradición musical con especial atención ao xesto e ao retrato humano.

Continuar leyendoDavid Cuence

Alegría del Prado

  • Autor de la entrada:
  • Publicación de la entrada:1 de julio de 2025
  • Categoría de la entrada:

A cabalo de mar entre Guadalajara (Mex) e Burgos, estes dous artistas levan máis de 10 anos traballando xuntos e participando activamente en eventos de arte urbana polo mundo. A súa obra é recoñecida a nivel internacional e está repleta de técnicas e formatos diversos. Traen os ventos frescos do outro lado do océano, e con eles unha obra cargada de simboloxía naturalista e enerxía ancestral que impacta e emociona a partes iguais.

Continuar leyendoAlegría del Prado