Sekone
Residente dende 2001 na cidade da Coruña, o seu traballo consolidouse como un referente indiscutible da pintura na rúa, o muralismo e o deseño gráfico no panorama galego e estatal. Artista multidisciplinar que transita entre o debuxo, a pintura, o muralismo e o deseño gráfico e textil, destaca pola súa permanente curiosidade, que o leva a explorar distintos medios pictóricos cunha obsesión polo detalle e o perfeccionamento técnico.