Senoke, Vilagarcía de Arousa 1983

Residente en A Coruña dende o ano 2001. Artista multidisciplinar a cabalo entre o debuxo, a pintura, o deseño gráfico e o muralismo. A súa permanente curiosidade empúxalle a explorar diversos medios pictóricos dando resultado a unha obsesión polo coidado do detalle e o prefeccionamento da técnica, saltando dun medio a outro e creando un discurso que bebe a partes iguáis da nostalxia, o absurdo, o de cotío e a súa propia intimidade vital e creativa.

Participou en diversos certames como o festival MUAU 2010 (A Coruña), MulaCity 2014 (Getafe -Madrid-), Desordes Creativas 2013/2014 (Ordes -A Coruña-) ou o Rexenera Fest 2017 (Carballo -A Coruña-). Seleccionado como artista residente no Museo de Arte Contemporáneo da Fundación Gas Natural Fenosa no ano 2007.

Expuxo a súa obra de maneira colectiva en eventos como o festival Mar de Mares (A Coruña, 2016), HOME (Miami, 2017/2018) ou Creença (Cal Rosal, 2018) e de maneira individual nas exposicións «El mayordomo está de vacaciones» (The Room, A Coruña 2013), «Ni sí ni no, ni blanco ni negro» (Sala Municipal de exposicións Salvador de Madariaga, A Coruña 2014) ou «¿Qué está pasando?» (Galería Monty4, A Coruña 2015).