A iniciativa, que nace dun grupo de persoas novas de Rianxo con experiencia na xestión e creación artística a través da Asociación Cultural Ondiñas Mainas e coa colaboración do Concello de Rianxo, ademais do apoio de diversas entidades privadas, quere poñer o foco na escena mural contemporánea en Galicia.
Un movemento que xa leva máis de 20 anos desenvolvéndose da man de artistas que traballan no espazo público dentro e fóra das nosas fronteiras producindo proxectos, formando a novas promesas e creando obras dunha estética e unha narrativa propias que beben de veces dun imaxinario que nos é común.