Julia Gil, Taragoña (Rianxo) 1994
Dende moi pequeniña estivo interesada no mundo da arte grazas ao seu pai, Raúl Gil, que é un grande artista e un profesor maxistral. Tamén formou parte da agrupación teatral Criaturas de Rianxo, para a cal deseñou os carteis das obras e tamén os trípticos. Asimesmo deseñou os carteis, libretos e entradas da mostra de teatro Alter Ego que organizaron. Gústalle experimentar con todo tipo de técnicas pictóricas, dende óleo ata o arte dixital, pasando pola acuarela e o acrílico. O que máis desfruta debuxando son cousas relacionadas coa fantasía e o mundo dos videoxogos.