Iria Fafián, Barcelona 1988
Desarrolla o seu traballo no eido do debuxo e do muralismo, utilizando diferentes estilos para cada linguaxe. A súa obra persoal a redor do debuxo ten un carácter máis intimista e experimental, por exemplo as súas caixas de luz, onde xenera suxerentes escenas en papel iluminadas cuidadosamente. Nos murais desenvolve un mundo imaxinario onde prioriza o estudo das formas e a composición, sacando a relucir unha serie de personaxes bizarros que nacen nas súas libretas. No seu traballo está moi presente a representación da natureza de forma exuberante e salvaxe. As súas personaxes tenden a perderse nos bosques e a convivir con ambientes de natureza fantástica, como un reflexo da necesaria relación e comprensión do medio que nos rodea. Ten participado en festivais de arte urban en Galicia, Francia e México.