Julia Gil
Nacida na parroquia de Taragoña, Julia Gil leva consigo a través do seu apelido e da súa pincelada un legado artístico que a fixo conectarse co mundo artístico dende moi pequena. A través de Raúl Gil, o seu pai, aprendeu, coma moitas outras persoas na contorna, a 15 técnica e a paixón polas formas e a cor, e Julia, interesándose polos mundos fantásticos e os entornos oníricos dos videoxogos, experimenta con múltiples técnicas e mistura cores coa precisión dunha programadora.